HomesociedadeÁbrese o prazo para inscribirse nos cursos de verán do Conservatorio de...

Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de verán do Conservatorio de Monforte

Ábrese o prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que organiza o Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez”, e que se extende ata o 22 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” terán un prezo de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Do mesmo xeito, poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación ou avanzado. Cada materia terá unha duración dunha hora que se elixirá no momento da inscrición

A inscrición realizarase na ventanilla da oficina de Rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico e en rigorosa orde de chegada.

No caso de realizar a inscrición na sede Sede Electrónica (monfortedelemos.es) :

  • Asignarase a data específica do curso á espera de confirmación da praza e horario por parte do Concello.
  • Despois da confirmación da praza, enviarase o extracto da taxa debidamente pagada por autoliquidación ao correo: cursos.musicaedanza@concellodemonforte.com

As MATERIAS DE MÚSICA estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta doce, frauta travesa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..).

Polo que respecta á DANZA, estará dirixida tanto a nenos e nenas a partir de 6 anos. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

MATERIAS, DATAS DE CELEBRACIÓN E PRAZAS DISPOÑIBLES

MÚSICA:

  • Piano 1º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 28/07 ao 01/08  
  • Piano 2º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 25/08 ao 29/08             
  • Guitarra – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 28/07 ao 01/08  
  • Saxofón – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 04/08 ao 08/08  
  • Clarinete – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 07/07 ao 11/07  
  • Frauta Travesa – Iniciación (a partir de 6 anos) do 07/07 ao 11/07  
  • Frauta Doce – Iniciación (a partir de 6 anos) do 07/07 ao 11/07
  • Trompeta, Trompa – Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos) do 05/08 ao 09/08 
  • Trombón, Tuba – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 05/08 ao 09/08  
  • Percusión moderna – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 30/06 ao 04/07
  • Gaita e Percusión tradic. – Iniciación e Avanzado  (a partir de 6 anos) do 30/06 ao 04/07           
  • Canto e Pandeireta – Iniciación e Avanzado  (a partir de 17 anos) do 30/06 ao 04/07            
  • Linguaxe Musical 1º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos) do 28/07 ao 01/08   
  • Linguaxe Musical 2º grupo – Iniciación e Avanzado (a partir de 6 anos)  do 25/08 ao 29/08  

*En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as ata 9 anos.

**En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas modelo 5A e unha pelota de tenis.

DANZA:

Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.

  • Danza tradicional  Galega  (a partir de 6 anos) do 04/08 ao 08/08    
  • Danza moderna (a partir de 6 anos) do 18/08 ao 22/08    
  • Ballet clásico (a partir de 6 anos) do 18/08 ao 22/08

ÚLTIMAS

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...