HomesociedadeO IES A Pinguela participa en Italia nun proxecto Erasmus+ sobre noticias...

O IES A Pinguela participa en Italia nun proxecto Erasmus+ sobre noticias falsas

Viaxaron á localidade italiana de Deruta para participar conxuntamente no proxecto co Liceo Artistico "Alpinolo Magnini".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dez alumnos e profesores do IES A Pinguela veñen de viaxar á localidade italiana Deruta para participar co Liceo Artistico “Alpinolo Magnini” nun proxecto Erasmus+ conxunto sobre noticias falsas que solicitaran xa en 2023.

Segundo informa o director, Enrique Sampil, “foi unha semana intensa de traballo que desenvolvemos con 1º de Bacharelato Ciencias e Humanidades na preciosa vila de Umbria e tamén de aproveitar momentos de vagar e fins de semana para coñecer Perugia e unha pequecha parte do rico patrimionio desa rexión como Todi, Spello e Assisi, e tamén de Siena e Florencia na Toscana italiana”.

Actividade na aula. Foto: IES A Pinguela.

Dende o centro de ensino monfortino agradecen o recibimiento do Liceo Artístico “Alpinolo Magnini”, en especial da súa directora Isabella Manni, e dos profesores que tan xentilmente se ofreceron a participar nas actividades realizadas: Vanessa Sperandei (directora académica), Elisabetta Santi (directora administrativa), Irene Balduani, Martina, Silvia Caponi, Valentina, Giovanni Stovali, Andrea Michelsanti, Benedetta Salterini e Armida Elizabeth.

A actividade xerou novos lazos de afecto e amizade que, en palabras de Sampil, “seguro depararán outros encontros e outros proxectos en Monforte e en Deruta”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...