HomesociedadeMorre a avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos

Morre a avoa de Galicia, natural de Sober, aos 111 anos

Lola González Díaz, coñecida como Lola da Pena de Gundivós, faleceu este domingo en Monforte, onde residiu os últimos anos tras pasar toda a súa vida en Sober. Lola tiña unha filla, unha neta e unha bisneta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lola da Pena cumprira 111 anos o pasado 23 de maio, o que a converteu na persoa máis lonxeva de Galicia e unha das cinco maiores de toda España.

O seu corpo vai ser velado no Tanatorio Raúl de Monforte e será enterrada este luns no cemiterio de Gundivós tras unha misa de funeral polo seu eterno descanso nesta Igrexa Parroquial ás 19:00 horas.

O Concello de Sober traslada o seu pesar por esta triste perda e acompaña á familia na súa dor.

Lola González / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 3,2M€ na mellora da N-120 ao seu paso por Quiroga

Durante a visita, Olimpia López destacou que esta actuación forma parte do “esforzo inversor...

O programa Emega impulsou en Sarria 4 negocios liderados por mulleres

Coa convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente ao 2025, a Consellería de...

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio...

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...