HomesociedadeEste 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

O Concello de Monforte informa do peche da área de xogos infantís do Parque da Compañía durante este luns, día 7 de xullo, para proceder á realización de traballos de control de pragas de insectos na zona indicada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de traballos de fumigación da zona onde se atopan os xogos infantís, motivo polo que permanecerá pechado durante todo o día.

Procederase á apertura desta área, o martes, día 8, xornada na que xa se poderá utilizar con normalidade.

Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión polas molestias que este peche temporal poida ocasionar.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...