A Cata de Viños da Ribeira Sacra desenvolverase en catro fases:
- Recollida de mostras nas adegas do 27 de xuño ao 7 de xullo. Recóllense 3 unidades ao azar do stock do viño presentado.
- Precintado das mostras, realizado o 9 de xullo.
- Precata a cegas o 10 de xullo para facer unha selección dos viños finalistas que serán catados novamente ao día seguinte. Seleccionaranse como finalistas 10 viños tintos, 6 viños brancos e 6 viños doutras colleitas.
- A cata final dos viños finalistas, que terá lugar o venres 11 ás 12:00 h.
Nesta edición participan 21 adegas, que presentaron un total de 65 mostras:
- 21 viños tintos.
- 18 viños brancos.
- 26 viños doutras colleitas.
Os viños compiten en tres categorías:
- Viños Tintos: Ribeira Sacra Tinto colleita 2024.
- Viños Brancos: Ribeira Sacra Súmmum Branco colleita 2024.
- Viños doutras colleitas: viños barrica da colleita 2024 e viños doutras colleitas distintas á de 2024 que non participaran noutras edicións deste concurso.
O xurado, presidido polo director técnico do Consello Regulador e supervisado polo notario de Monforte de Lemos, está composto por sete membros do panel de cata da D.O. Ribeira Sacra.
O panel de cata nesta edición de 2025 está formado polos técnicos Maira Ratón Fernández, Gelín Fernández, Bruno Lovelle, Rosa Domínguez Domínguez, Pablo Íbañez, José Felicíisimo Pereira Freijido, José Antonio Fernández Somoza.
A entrega de premios será ás 19:00 h no hotel IBERIK Augas Santas Balneario & Golf, en Pantón. Concederanse medallas de ouro, prata e bronce aos mellores viños tintos e brancos, e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Cada premio vai acompañado dun trofeo exclusivo, elaborado en barro polo artesán Elías de Gundivós.

