HomesociedadeA última edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte...

A última edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte “foi a mellor ata o momento”, asegura o alcalde

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, califica a 7ª edición do Festival do viño da Ribeira Sacra “de éxito rotundo en todos os sentidos. Esta edición supón a confirmación de que o Festival está consolidado e supón unha fórmula sólida de promoción e posta en valor dos viños da D.O. Ribeira Sacra xa que cada ano aumenta tanto en visitantes como en vendas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta edición o Festival do Viño volveu a acadar cifras superiores ás edicións anteriores, “tras analizar os datos das últimas 5 edicións celebradas, dende o 2019 ata o 2025, practicamente se duplicou o número de tickets vendidos, o que supón un crecemento vertixinoso”.

O alcalde destacou a opinión das adegas que participaron no Festival “todos os adegueiros mostraron a súa satisfacción pola asistencia masiva de público e porque os visitantes mostraban coñecementos e interese nos viños”. As adegas ademais, explicáronlle ó alcalde, que o formato do Festival “é un éxito pola gran asistencia de público con moita xente da cotorna e fóra de Monforte que saben valorar as recomendacións que os adegueiros lles fan, con respecto ás novidades que van incorporando ó mercado”.

O rexedor monfortino quixo agradecer, un ano máis, ó Consello Regulador e a todo o sector a súa colaboración no Festival, “nestas datas de moito traballo para as adegas o que supón un esforzo engadido. O noso obxectivo é ser un evento de promoción do noso viño máis aló das fronteiras de cada Concello, máis aló da nosa provincia, de Galicia ou do resto do Estado. Xa puidemos comprobar que o numeroso público asistente que non era só de Monforte ou de Galicia, e que se vai incrementando edición tras edición”. Tamén trasladaron un bo balance os stands gastronómicos pola alta facturación e o tipo de actividade que poden desenvolver.

En canto aos concertos e outras actividades do festival o alcalde destacou a alta calidade das actuacións que, “congregaron a numeroso público que contribuíu a que a xente permanecera máis tempo na contorna do Malecón, e polo tanto, dentro do ambiente do Festival do Viño”.

José Tomé, tamén considera un éxito o aumento da hora de peche, que se modificou na edición anterior por primeira vez, “e que este ano beneficiou ao desenvolvemento do Festival xa que as altas temperaturas propiciaron que os picos de venda se retrasasen un pouco con respecto a edicións anteriores e que o horario preferido polos visitantes fora pola tarde noite en lugar de pola mañá”. Unha das actividades de máis éxito do Festival foron as catas de iniciación que se levan a cabo dentro do propio recinto.

Esforzo organizativo e orzamentario do Concello monfortino

O alcalde quixo tamén dar a coñecer  o esforzo que supón para o Concello de Monforte esta promoción, “nunha tripla dimensión: do viño, de Monforte e de Ribeira Sacra, facendo promoción dentro e fóra de Galicia. O que supón para o Concello de Monforte un investimento moi importante que xunto co investimento da organización do Festival ascende ós 220.000 euros”.

E engadiu que “falo de investimento porque o retorno é evidente, a nivel económico, de publicidade e de coñecemento do viño de Monforte e da Ribeira Sacra que fai que estea de moda. Isto supón un crecemento exponencial do turismo e de sectores importantes para a economía da zona como son o comercio e a hostalería”. O Festival desenvolveuse con total normalidade o que felicitou o rexedor, “temos que felicitarnos todos, tendo en conta a presenza da Policía Local e da empresa de seguridade, que contratamos ó efecto. Xa traballamos para a VIII edición, para seguir mellorando e crecendo na promoción do viño da Ribeira Sacra”.

ÚLTIMAS

pavillón sarria

A XUNTA INVISTE 60.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PAVILLÓN DEPORTIVO DE...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...