HomeCulturaA conciencia social e a provocación de Antón Valcarce seguirán latexando

A conciencia social e a provocación de Antón Valcarce seguirán latexando

En agosto do 2019 Antón Valcarce ía presentar a súa primeira novela, Soños de chicolate, e en Xornal de Lemos falabamos con el. Deixábanos anacos dese humor acedo e provocador que tiña o selo inconfundible de Antón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores faleceu aos 73 anos de idade o escritor e cantautor monfortino, Antón Varcarce. Artista polifacético e provocador, non parou de crear, concentrándose nos últimos tempos na escrita con textos como Contos en tempos de peste e purgacións.

En Monforte, de onde sempre se reclamou, traballou coa cultura na súa casa da Compañía e coa música, rexentado unha tenda de intrumentos, dinamizou a vida cultural nos bares co movemento tabernario e non parou de reclamarlle ó Bispado, con respaldo documental, propiedades que reivindicaba da súa familia.

En agosto do 2019 Antón Valcarce ía presentar a súa primeira novela, Soños de chicolate, e en Xornal de Lemos falabamos con el. Deixábanos anacos dese humor acedo e provocador que tiña o selo inconfundible de Antón.

Como ves a cultura agora en Galicia, con respecto á vida que ti viviches?

Teño un gran amigo que se chama Antón, Antón Valcarce, que dí que a ignorancia e o servilismo dun pobo é directamente proporcional ao número de campanarios por quilómetro cadrado e aquí hai dabondo, sobran. Aínda cheiramos a sotana apolillada. Seguimos na longa noite de pedra e por moito teléfono que teñas de aí non saímos.

E cal é a solución?

Non hai solución. Quizáis o lume, son dos que penso que Galicia ten que arder liturxicamente. Sería un símbolo de renacemento porque o renacemento aquí non chegou aínda.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...