HomesociedadeChantada incrementa nun 31,5% os visitantes de xuño

Chantada incrementa nun 31,5% os visitantes de xuño

A Oficina de Turismo de Chantada sela tamén as credenciais do Camiño de Inverno e o ano pasado rexistrara no verán un incremento do 77%, con 346 credenciais seladas. As previsións son que este verán sigan aumentando os peregrinos e os visitantes que chegan a Chantada e utilizan os servizos da Oficina de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

 
A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada rexistrou un notable ascenso de visitantes durante o pasado mes de xuño. En concreto, pasaron polas súas instalacións 528 persoas, un 31,6% máis respecto ás mesmas datas do 2024.

Mantense así o incremento de viaxeiros, que se vén dando nos últimos anos. Visitantes que se achegan a  Chantada atraídos polo emblemático casco histórico e o paseo fluvial da vila, as igrexas románicas, a paisaxe da ribeira ou a do Monte Faro. Nestes dous últimos casos cóntase agora co atractivo engadido de serlugares estratéxicos para a observación do ceo nocturno e convirte a Chantada en Municipio Starlight.

Ao aumento de visitantes en xuño hai que engadir os bos datos acadados durante o Salón Turístico Turexpo Galicia, que se celebrou en Silleda do 5 ao 8 de xuño.  Nesta feira internacional o Concello de Chantada centrouse na promoción dalgunhas das citas máis senlleiras que acolle como o Folión de Carros, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2018 ou o Entroido Ribeirao, xunto a outros atractivos turísticos do municipio. Un total de 201 persoas visitaron o stand solicitando información.

A Oficina de Turismo localízase na Praza do Mercado e abre de luns a venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 18:00h. Nas fins de semana e festivos, o horario é de 10:00h a 14:00h.

Oficina de Turismo de Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...