HomesociedadeOs alpinistas de 3Cumios emprenden o 15 de xullo a expedición ao...

Os alpinistas de 3Cumios emprenden o 15 de xullo a expedición ao Huascarán en Perú

Os alpinistas de 3Cumios, José Manuel Prieto, Tomás Porto e Manuel Vieitez, emprenden o día 15 de xullo unha expedición para ascender ao Huascarán que, cos seus 6.768 metros, é a montaña máis alta do Perú e a cuarta máis alta do planeta fóra da cordilleira do Himalaia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os montañeiros de Monforte, Pantón e Sober, con longas traxectorias neste deporte, crearon na Ribeira Sacra 3Cumios para “unir alpinismo, solidariedade e compromiso”. O Huascarán é o lugar do planeta con menor forza gravitatoria na superficie terrestre, e representa o desafío máis ambicioso de cantos acometeron, segundo explican. Como parte da preparación e a modo de proba de aclimatación e adestramento, tamén ascenderán ao Nevado Pisco, de 5.752 metros.

O equipo asume a dificultade do reto, xa que se estima que só entre o 40 % e o 60 % das expedicións logran alcanzar o cumio do Huascarán, pero afirman que están preparados fisicamente e mentalmente e comprométense a “intentalo con todo o noso esforzo”

Colaboran con 3Cumios a Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, entre outros. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou na presentación deste venres que se trata dun proxecto “ambicioso, inspirador e tamén solidario”, dado que parte da orzamento recadado irá destinado á compra de material deportivo para as escolas das comunidades locais máis desfavorecidas, co fin de facilitar o acceso ao deporte coma unha ferramenta de crecemento e superación.

Na súa intervención no acto, o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, valorou a iniciativa “como un exemplo de que desde lugares pequenos se poden abordar grandes proxectos deportivos” e destacou que “a visibilidade de persoas e proxectos repercuten positivamente no desenvolvemento das diferentes disciplinas deportivas”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...