Homesociedade75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

O Concello de Chantada atende ás solicitudes das veciñas e veciños desta parte da vila, próxima ao Polideportivo Municipal e decide acometer a mellora e humanización da Praza Luis García Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos locais de hostalaría. “Agora case non hai hostalaría nesta zona e non se lle dá o uso esperando, polo que comezamos a traballar nun proxecto de humanización e mellora co que crearemos un parque infantil e espazos verdes e de lecer, creando unha zona máis atractiva e acorde co modelo de vila que queremos”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Para executar este proxecto, o Concello de Chantada solicitou unha subvención da Xunta de Galicia para a mellora de infraestruturas locais. Así cun importe total de 75.000€ a Xunta achega 40.000€ e o resto o Concello. Esta semana adxudicarase o proxecto para poder comezar coas obras coa intención de telas rematadas para outubro.

A Praza Luis García Arias localízase nunha zona de pendente que se divide en catro plataformas que se elevan con respecto á cota da rúa para xerar espazos horizontais e salvar o desnivel. O novo proxecto minimizará a presenza dos muros de formigón, que conteñen cada unha das prazas. Dotarase a estes espazos de vexetación, elimando os chanzos existentes en cada unha das prazas, dándolle continuidade visual e espacial ás catro plataformas.

A primeira delas destinarase a parque infantil deixando un acceso único a nivel, evitando chanzos e rampas e xerando unha praza pechada. O resto de plataformas acondicionarase con bancos e outro mobiliario urbano e habilitaranse zonas verdes con xadineiras, espazos que poderían ser tamén utilizados pola hostalaría.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...