HomesociedadeUSO denuncia que Monforte non teña delegado a selección de policías na...

USO denuncia que Monforte non teña delegado a selección de policías na AGASP

A Unión Sindical Obreira en Galicia (USO Galicia) denuncia que Monforte de Lemos non delegase os procesos selectivos da Policía Local na Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

USO Galicia lembra que a comezos do 2021 xa censuraran que o consistorio monfortino non se adherira ao Convenio coa entón Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (DOG nº 222, de 22/11/2017).

Criticaban tamén que unha convocatoria coincidise coa convocatoria unitaria da propia Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), “Criticamos que esa mera casualidade supuxo que 280 aspirantes tivesen que optar entre unha ou outra convocatoria, pedimos cambiar a data, e á negativa, esta organización sindical solicitou a devolución das taxas, xa abonadas, aos opositores e opositoras que non se presentaron, petición que tampouco foi atendida”.

O sindicato USO leva anos cuestionando a convocatoria de prazas de Policía Local á marxe do proceso selectivo da Xunta de Galicia. De 126 concellos galegos con Corpo da Policía Local, 97 (incluídas as sete grandes cidades, coa recente incorporación de Ourense) encomendan á AGASP a selección de policías, o 73%.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...