HomesociedadeO Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria cumpre 20 anos

O Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria cumpre 20 anos

A Xunta renova o seu apoio a este evento que terá lugar do 18 ao 24 de agosto. Por primeira vez, a súa duración será dunha semana completa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Carmen José López, participou o mércores 23 de xullo na presentación do evento, promovido polo mago Roberto Lolo e que conta dende os seus inicios coa colaboración e apoio do Concello de Sarria. Un dos obxectivos desta programación, de alcance internacional polos artistas convidados obxectivo, é reforzar a proxección turística e cultural da localidade.

O festival contará este ano coa participación dunha vintena de artistas destacados a nivel nacional e internacional, como Toni Pons –un dos maiores hipnotistas do mundo–, Pedro Aragonés, a artista emerxente Rachel Atienza e o Mago Roger –Premio Nacional ao Mellor Mago de Escena en 2014–, a participante en Got Talent Melanie, os artistas cubanos Joel e Lucía Rivera, Karim ou Raúl Alegría.

A programación contará con novas localizacións, tanto en espazos cerrados como ao aire libre, e sumará tamén máis espectáculos infantís. O evento cumpre vinte anos consolidado como unha das citas máis agardadas do verán en Sarria.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...