HomesociedadeQuiroga acolleu o sorteo da campaña "Merca no teu comercio"

Quiroga acolleu o sorteo da campaña “Merca no teu comercio”

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, participou este mércores no acto de entrega dos premios da campaña Merca no teu Comercio, celebrado na praza da Rúa Lago, en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sorteo de Quiroga supuxo a segunda parada da iniciativa na provincia de Lugo, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio, co obxectivo de impulsar e dinamizar o comercio local. A campaña desenvolveuse na primeira quincena de xullo nos concellos lucenses de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas do Sil. A campaña Merca no teu Comercio continúa en marcha noutros puntos da provincia de Lugo.

No acto realizouse o sorteo en directo entre os consumidores —que rexistraron as súas compras a través da web da campaña ou directamente no comercio— de 20 tarxetas prepago de 50 euros, canxeables nos establecementos participantes ata o 31 de decembro.

ENTREGA DE PREMIOS DE LA CAMPA„A MERCA NO TEU COMERCIO EN QUIROGA

Sorteo merca no teu comercio / Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...