O horario durante os 6 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10:00h a 14:00 horas, e pola tarde de 17:00 a 22:00 horas xa que este ano adiantouse unha hora a apertura de stands no horario de tarde a petición dos propios artesáns.
O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: como ourivaría, cestería, coiro, vidro, olería de Gundivós, cerámica, papel e madeira, entre outras. En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.
Na Mostra, que será inaugurada o venres 1 de agosto ás 19:00 h e coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, ademais dos 35 stands adicados á artesanía, poderase ver en vivo a elaboración de pezas. Tamén haberá diferentes obradoiros para cativos/as coma se pode ver no programa de cada día.
O Alcalde concluíu a súa intervención animando a “todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que nos visitan nestes días de verán, a que se acheguen a visitar esta 25ª edición de Artelemos no Cardenal, e que aposten polos produtos artesáns. Apostar polo artesanal significa apostar polos nosos artesáns, polo produto local de calidade, polo noso medio rural, polas nosas tradicións, en definitiva, pola nosa arte e a nosa cultura”.
Programación
Venres 1
- 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
- 19:00 – Inauguración da 25ª Mostra Artelemos.
- 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias.
Sábado 2
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de impresión téxtil “Hapa Zome”. Elaboración dunha mochila de loneta. Artesá: Luisa Mosquera.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de impresión téxtil “Hapa Zome”. Elaboración dunha mochila de loneta. Artesá: Luisa Mosquera.
Domingo 3
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dunha pulseira personalizada. Artesá: Lucía Casado.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Coiro. Elaboración dunha pulseira personalizada. Artesá: Lucía Casado.
Luns 4
- 12:00 a 14:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Cestaría para nenos/as. Artesá: Luisa Martínez
- 19:00 a 21:00 – Demostración de Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Cestaría. Público a partir de 14 anos. Artesá: Luisa Martínez.
Martes 5
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de elaboración dun portarretrato decorado de cartón. Artesá: Noel Pérez.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de elaboración dun portarretrato decorado de cartón. Artesá: Noel Pérez.
Mércores 6
- 12:00 a 14:00 – Demostración en directo da técnica Needle Felting en lá. Artesá: María Monsalve.
- 12:00 a 14:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
- 19:00 a 21:00 – Demostración en directo da técnica Nuno Felting en fieltrado de lá. Artesá: María Monsalve.
- 19:00 a 21:00 – Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.

