Homesociedade1ª Caminhada 'Montefurados' este 3 de agosto

1ª Caminhada ‘Montefurados’ este 3 de agosto

A cita está organizada polo xeólogo e escritor, Óscar Pazos Rodríguez. A participación na caminhada é gratuíta e non é necesaria inscrición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 3 de agosto, desde as 10:00 horas, desenvólvese a a 1ª Caminhada ‘Montefurados‘, que irá da vila de Montefurado en Quiroga á Boca do Monte e regresará ao punto de partida, que será a igrexa de San Miguel en Montefurado. Recoméndase subir a pé ata a igrexa xa que hai pouco espazo para coches.

O obxectivo será interpretar esta obra no seu contexto mineiro, rememorar o caso do ‘pozo de Steven’ e doutras buscas lendarias (e cheas de equívocos) da arqueoloxía mineira como a da ‘ruina montium‘.

A ruta terá unha duración dunhas 3 horas e media para percorrer 9 quilómetros. É un camiño fácil de andar, pero para maior comodidade a organización recomenda calzado de monte e levar auga.

ÚLTIMAS

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...