HomesociedadeTriacastela centra a colaboración para o intercambio cultural entre Italia e o...

Triacastela centra a colaboración para o intercambio cultural entre Italia e o Camiño de Santiago Francés

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e a presidenta da Asociación Dante Alighieri (comité de Vigo), Daniela Sarraino, veñen de asinar na Casa Consistorial un protocolo de colaboración para enriquecer o diálogo cultural entre Italia e o Camiño de Santiago Francés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sinatura establece un marco de colaboración para incentivar os vínculos culturais entre Italia e o Camiño Francés, no ámbito privilexiado do Concello de Triacastela. Desta forma poderase dinamizar un intercambio cultural elocuente e duradeiro entre Italia e o Camiño Francés, enriquecendo a experiencia tanto para os peregrinos como para os visitantes de ambas nacións.

Tal e como recolle o protocolo, “fomentar o intercambio cultural entre Italia e o Camiño Francés ofrece unha oportunidade única para fusionar a rica herdanza cultural, histórica e artística de ambos os países”.

O protocolo recolle varias accións de dinamización. Entre elas, exposicións Artísticas e Históricas relacionadas co Camiño e as rutas de peregrinacións italianas, a creación na Biblioteca Camilo José Cela dun espazo dedicado á presenza de Italia no Camiño, ademais da lingua e literatura italianas, a elaboración dun rexistro oral ou escrito de experiencias de peregrinos italianos que pasan por Triacastela, así como o intercambio Gastronómico e Culinario, a través da organización de eventos sobre a cociña italiana, clases de cociña e catas de viño, coa participación de expertos culinarios.

Tamén contempla a organización de actividades de investigación para fomentar e divulgar temas relacionados coa peregrinación, o patrimonio cultural e as conexións históricas entre os dous territorios e a realización de publicacións sobre temas de interese relacionados coa temática do intercambio.

Propón ademais, promover o coñecemento entre os socios da Dante Alighieri da riqueza cultural, histórica e natural do Concello de Triacastela e o entorno do Camiño Francés, entre outros.

Tras a sinatura, tivo lugar a conferencia a cargo de Benedict Buono, profesor titular de Filoloxía Italiana na Universidade de Santiago de Compostela “Con pan e viño faise o Camiño: A enogastronomía do peregrino italiano a Santiago (do século XVI ao século XVIII)”.

Protocolo / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...