HomesociedadeDo 21 ao 26 de agosto Chantada celebra as súas Festas Patronais...

Do 21 ao 26 de agosto Chantada celebra as súas Festas Patronais que o día 22 acollen o “Ata o Chan Festival”

O Concello de Chantada presenta as actuacións musicais que protagonizarán as Festas Patronais na honra á Virxe do Carme, que se desenvolverán do 21 ao 26 de agosto. Como actividades centrais destaca o Folión de Carros que se celebra o sábado, 23 de agosto, o XXXIV Certame de Bandas de música de Chantada, que se leva a cabo na Praza do Cantón; a Festa da Empanada na xornada na que rematan as Festas Patronais de Chantada ou “Ata o Chan Festival”, o festival de Dj,s que se celebra o día 22 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Praza de Catro Camiños será o escenario dos concertos da primeira xornada. Así o xoves, 21 de agosto, desde as 23:30 actuarán Malenne e Son de Rosas (tributo a La Oreja de Van Gogh).

O 22 de agosto, no venres das Festas, a cita musical será un ano máis co Festival de DJ´s que desde esta edición chamarase “Ata o Chan Festival”, “Queriamos darlle un nome propio e que os participantes o sintan como deles. Xogamos coas palabras para facer arraigo e que medre ata converterse nunha seña de identidade de Chantada”, aseguran desde a coordinación do Festival.

A cita desenvolverase na Praza do Pavillón, que este ano para garantir unha maior seguridade se perimetrará, non permitindo a entrada con botellas ou vasos de cristal e outros elementos que poidan resultar perigosos. A entrada segue sendo gratuíta para desde as 23:30h contar con actuacións de primeiro nivel que moven a milleiros de persoas conseguindo un cartel para todos os gustos musicais e todas as idades. Nos próximos días iranse dando a coñecer os nomes que protagonizarán esta cita.

O día 23 de agosto celébrase o Folión de Carros, Festa de Interese Turístico Galego, declarada tamén Ben de Interese Cultural (BIC) no 2018. A Asociación Amigos do Folión organiza esta tradicional proposta na que colabora o Concello de Chantada e que cada ano achega á vila do Asma a milleiros de persoas que queren coñecer as singulares propostas da vida máis senlleira de Chantada.

Esa xornada comezará con pasarrúas da Agrupación da Casa da Música con cabezudos. Antes do Folión de Carros, previsto para as 23:00h, actuará a Banda de Gaitas do Concello de Chantada e despois do desfile do Folión a actuación musical correrá por conta da orquestra Tango na Praza de Santa Ana.

O domingo, 24 de agosto, desde as 11:30h, o grupo de gaiteiros, Os Barrios desfilará con cabezudos e ás 13:30h a Banda de Música da comarca de Sarria actuará no Parque Eloísa Rivadulla. Ás 18:30h na Praza do Cantón dará comezo o XXXIV Certame de Bandas de Música coa Banda de Música de Chantada, a Banda de Música de Lantaño e a Banda de Música da comarca de Sarria. Xa pola noite desde as 22:00h contarase coa orquestra Olympus en Xoán XXIII e coa orquestra Cinema na Praza de Santa Ana.

O luns, 25 de agosto, volve a abrir con Os Barrios e cabezudos desfilando pola vila, xa pola noite desde as 22:00h contarase con Grupo Top Líder actuando en Xoán XXIII e a orquestra Gran Parada na Praza de Santa Ana. Nesta xornada, pola tarde, haberá Festa infantil con hinchables e xogos tradicionais no Campo da Feira Vello e ás 00:00h haberá sesión de Fogos Artificiais na Praza do Pavillón Municipal.

O día 26, último día das Festas Patronais de Chantada celebrarase a tradicional Festa da Empanada no campo do San Lucas na que non faltará a ambientación musical dos gaiteiros, Os Barrios e as charangas Unión Phenosa, NBA e Louband. O concertos deste último día de Festas correrán por conta da orquestra París de Noia en Xoán XXIII e a orquestra Capitol na Praza de Santa Ana.

Desde o Concello convídase a veciñanza e visitantes a participar das diferentes propostas con opcións musicais para os públicos e tendencias, “A programación das nosas Festas segue buscando atraer a diferentes perfís e darlles aos nosos veciños unha oferta musical variada con actuacións en diferentes escenarios e con horarios tamén adaptados, intentando sempre dinamizar a restauración e a hostalaría local. Se a climatoloxía nos acompaña as festas serán boas para todas/os”, asegura o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

O cartel das Festas Patronais é obra do artista local, Jon González (JonGo Art), encargado de elaborar os deseños das últimas Patronais.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...