HomesociedadeMonforte destinou 260.000€ á mellora do Aeródromo das Lamas

Monforte destinou 260.000€ á mellora do Aeródromo das Lamas

As obras desenvoltas polo Concello de Monforte consistiron na mellora da Pista de Voo de “As Lamas” e tamén da pista que bordea o Campo de Voo dende as pistas do exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do canal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Aeródromo Municipal das Lamas, conta con autorización dende 2012 do Ministerio de Transportes (antes Fomento) como campo de voo para ultralixeiros e avionetas, e está sendo moi utilizado por aeronaves ó longo de todo o ano, especialmente dende o inicio da primavera ata o outono.

Fai aproximadamente 35 anos, este espazo naceu como campo de aeromodelismo. Fai 22 anos, construíuse a pista de ultralixeiros, e no ano 2012 obtivo a súa autorización como campo de voo.

No ano 2015, converteuse no actual Aeródromo das Lamas, autorizado pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), dependente da Dirección Xeral de Aviación Civil do Ministerio de Transportes, despois da publicación do Real Decreto 1070/2015, de 17 de novembro, e foi inaugurado como tal con motivo da Volta Ibérica. Está cedido polo Concello ó Club Aerolemos para a súa xestión.

De media, ven rexistrando entre 300 e 500 operacións ó ano de  avionetas de diferentes tamaños, sobre todo durante as pontes e fins de semana, pero tamén durante a semana, xa que está aberto ó tráfico de forma permanente, sendo un lugar de parada para tránsitos chegados dende outros lugares de Galicia como Mazaricos, Santa Comba, Lugo ou Ribadeo, e tamén de lugares como Asturias, Castela e León e todo o noroeste da Península en xeral, e tamén doutros países como Portugal e Francia, principalmente.

A Pista de Voo acondicionouse e pintouse segundo as instrucións ditaminadas na normativa aérea para este tipo de pistas. O orzamento para levar a cabo esta mellora foi de 168.790,16€.

Esta actuación completouse coa mellora do Camiño municipal ds Lamas, que é unha pista de servizo que une a estrada de Currelos co Campo de tiro, que agora é útil e mellora o servizo ó propio Campo de Voo, ó Campo de tiro e ós veciños da Pista do Canal. Neste caso investíronse 91.718 €.

Ambas obras superaron “o cuarto de millón de euros (260.508,16€), o que fala da súa importancia, financiouse integramente con fondos municipais”, explicaba o alcalde, José Tomé Roca.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...