HomesociedadeXornada xubilar no Santuario de Cadeiras, en Sober

Xornada xubilar no Santuario de Cadeiras, en Sober

Baixo o lema 'Peregrinos de Esperanza' terá lugar o vindeiro 31 de agosto ás 12:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Foi o papa Bonifacio VIII o que proclamou no 1300 o primeiro ano xubilar, establecendo que quen visitase trinta veces ao longo deses doce meses as basílicas de San Pedro e San Pablo obterían a indulxencia plenaria e que aqueles peregrinos que chegasen de fóra de Roma só terían que visitalas quince veces.

Este 2025, as seis dioceses que abarcan o territorio galego poñen ao dispor da poboación decenas de templos para que, se teñen dificultades para peregrinar a Roma, poida gañar o xubileu en Galicia.

Ademais dos templos xubilares designados durante todo o ano santo, as dioceses designaron tamén outros lugares de culto nos que gañar o xubileu en datas concretas. É o caso do Santuario de Cadeiras no que haberá unha xornada xubilar o vindeiro 31 de agosto, domingo.

Para gañar o xubileu e obter a indulxencia plenaria non só hai que visitar algún dos templos xubilares que designaron os distintos bispados senon que tamén cómpre confesarse, comulgar, rezar polas intencións do Papa e ter verdadeiro arrepentimento.

A xornada de Cadeiras dará comezo ás 12:00 horas coa celebración penitencial. De seguido haberá unha eucaristía e, ao remate, a Virxe será baixada ata Pinol.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...