HomesociedadeLáncara celebra o 99º aniversario do natalicio de Fidel Castro

Láncara celebra o 99º aniversario do natalicio de Fidel Castro

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu esta semana aos actos celebrados no Concello de Láncara con motivo do 99º aniversario do natalicio de Fidel Castro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro tivo lugar na Casa Museo Ángel Castro Centro de Interpretación da Emigración, un espazo simbólico que rende homenaxe aos vínculos históricos entre Galicia e Cuba.

Durante a xornada realizouse unha plantación simbólica de árbores como parte da homenaxe tamén a Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro.

No acto participaron tamén membros da corporación municipal; o embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro Caloto; a cónsul xeral da República de Cuba en Santiago de Compostela para Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo Sterling; así como representantes da Embaixada da República de Cuba en España e do Consulado en Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...