Homesociedade'Las Vegas', en San Clodio, convida a unha 'Fiesta a lo loco'

‘Las Vegas’, en San Clodio, convida a unha ‘Fiesta a lo loco’

Será este domingo 17 de agosto día no que o público poderá gozar dos concertos de ‘Movilla y los Irrepetibles’ e ‘Gin Toni’s’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza do Hotel-Restaurante Las Vegas, en San Clodio, vivirá unha xornada única coa organización dunha festa por todo o alto na que se poderá gozar de dous concertos de alto nivel durante a tarde e a noite do domingo 17 de agosto.

No escenario, nada máis e nada menos, que ‘Movilla y los Irrepetibles’ ás 20:00 h. e os ‘Gin Toni’s’ a partir das 23:30 h.  E para coller forzas entre unha e outra actuación haberá unha cea a base de paella e churrasco con sobremesa e café polo prezo de 20 €. Un plan inmellorable que ademais serve de peche das Festas Patronais da capitalidade do Concello de Ribas de Sil.

Os concertos son de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un popular lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

MOVILLA & LOS IRREPETIBLES

Javier Movilla é a ‘alma mater’ desta formación. Natural de Castro Caldelas, é un amante da música Mexicana e un personaxe irrepetible. O seu carácter afable reflíctese no espectáculo, no que rende homenaxe aos grandes autores e intérpretes do xénero, desde os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de coñecidísimos artistas nacionais como Joaquín Sabina, Revólver, Los Secretos, Loquillo, Miguel Ríos o Antonio Flores.

GIN TONI’S

Gin Toni’s é unha Banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos. Unha banda que nos fai viaxar polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, desde os 80 ata a actualidade: Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El último de la fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Os Resentidos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total…  Cun directo fresco, un repertorio repleto de coñecidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás Décadas Douradas da música Española e poñeranlle unha cor diferente á noite do domingo e peche de Festas Patronais.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...