HomesociedadeFestival Agrocuir da Ulloa, do 21 ao 23 de agosto

Festival Agrocuir da Ulloa, do 21 ao 23 de agosto

Agrocuir cumpre 10 edicións reivindicando a diversidade sexual. A cita que se celebrará os días 21, 22 e o 23 de agosto, en diferentes espazos do municipio de Monterroso presentábase esta semana coa participación da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación do Festival que organiza a asociación Agrocuir da Ulloa é a seguinte, podendo neste enlace consultar a información destes días de encontro https://festivalagrocuir.wordpress.com/:

Xoves, 21 de agosto: 21:00 horas, representación teatral Yerma (Praza do Froito).

Venres, 22 de agosto:

  • 17:00 horas, Cuirathlon (área recreativa A Peneda)
  • 18:00 horas proxección Delirio Sketches de Cru (centro sociocultural de Monterroso)
  • 19:00 horas, proxección curtametraxe Delicuente de Nuria Vil con Aranxa Vicens (centro sociocultural de Monterroso)
  • 20:30 horas benvida X edición (Praza do Froito)
  • 21:00 horas concerto Toma de Terra (Praza do Froito)
  • 22:30 horas, Nelu Vermouth + colectivo Agrocuir da Ulloa – Manifesto (Praza do Froito)
  • 23:30 horas, concerto Ugía Pedreira (Praza do Froito)
  • 01:00 horas concerto El Gato con Jotas (Praza do Froito)
  • 02:30 horas, DJ Celulite (Praza do Froito).

Sábado, 23 de agosto:

  • 12:00 horas: inicio dos obradoiros en diferentes espazos de Monterroso.
  • 13:00 horas: obradoiro de baile (Souto de Caracacho).
  • 14:00 horas: xantar popular (Souto de Caracacho).
  • 16:00 horas: bingo (Souto de Caracacho).
  • 16:30 – 20:00 horas: Qué será… serán? (Souto de Caracacho).
  • 20:30 horas – 00:00 horas: cantos de taberna (bares de Monterroso).
  • 01:00 – 03:00 horas: Tonita DJ (Praza do Froito).
  • 03:00 – 05:00 horas: Riki Honey DJ (Praza do Froito)

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na presentación desta décima edición do Festival Agrocuir. A institución provincial colabora cunha achega de 8.000€ con esta proposta cultural, que reivindica a diversidade sexual e o futuro do rural. “Serán tres días de activades pensadas para desfrutar, pero tamén para dar visibilidade ao feminismo, aos colectivos historicamente invisibilizados e para poñer enriba da mesa algúns dos grandes retos da sociedade actual: como a defensa dun bosque autóctono ou o despoboamento do rural”, destacou García Porto. “Estamos ao carón de proxectos que poñen no centro os retos que temos por diante. Acadar unha sociedade máis inclusiva, derrubar os teitos de cristal; e situar o rural non como unha opción senón como unha verdadeira oportunidade pasa por traballar conxuntamente e sumar esforzos entre administracións, colectivos e entidades implicadas. Agrocuir é unha das mellores mostras que exemplifica esta filosofía”.

.

ÚLTIMAS

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Monforte colle forma

O encontro para traballar no Plan de Igualdade contou coa participación da Tenente de...

Rematan as obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte

A actuación na que se investiron 212.400€, afecta as 80 vías interiores do recinto...

Remata o prazo para solicitar actuacións gratuítas relacionadas coa recepción da TDT

Desde o concello lémbrase que tralo inicio do servizo de telefonía móbil de nova...

“Deterioro cognitivo”, tema do Faladoiro deste 29 de outubro en Quiroga

A convidada deste Faladoiro será a psicóloga, María Lillo, acompañadas do concelleiro de Servizos...