HomesociedadeMonforte máis luminoso e con menos emisións de CO2 á atmósfera

Monforte máis luminoso e con menos emisións de CO2 á atmósfera

Segundo o equipo de goberno, a nova iluminación que se vén de instalar nas rúas Saviñao e Malvarón, mellora a luminosidade e tamén reduce as emisións de CO2 á atmosfera.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. As últimas tarefas realizáronse nas rúas Saviñao e Malvarón. Na primeira substitúense catro luminarias de vapor de sodio por outras novas tipo led, que permiten unha alta eficiencia enerxética. No Malvarón instaláronse dúas novas farolas. Unha delas, na beirarrúa que está fronte ó Bodegón e a segunda instalouse á altura do número 25.

José Tomé apuntou que “o noso obxectivo é mellorar a iluminación e reducir o consumo enerxético e polo tanto, o económico, mellorando os niveis de iluminación, máis axeitados para as empresas e as vivendas”. Desde que comezou o mandato no 2015, o actual equipo de Goberno mellorou a iluminación en máis dunha trintena de rúas da cidade e en máis de 200 farolas das parroquias.  

O Alcalde afirma que “a nosa vontade é manter esta liña de traballo, para tratar de chegar coa mellora da luz pública á maior parte da cidade. Se os monfortinos nos encargan seguir gobernando, no próximo mandato alcanzaremos prácticamente a tódolos puntos do noso municipio”.

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...