HomesociedadeCiclos de conferencias "O Futuro das Persoas Viticultoras na Ribeira Sacra" do...

Ciclos de conferencias “O Futuro das Persoas Viticultoras na Ribeira Sacra” do 29 de agosto ao 6 de setembro

Vénse de presentar o calendario das charlas e conferencias das xornadas "O Futuro das Persoas Viticultoras na Ribeira Sacra", un espazo para reflexionar e dialogar sobre o futuro do sector vitivinícola nesta comarca. A actividade está organizada polo SLG en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación participaron Ana Rodríguez Vázquez, responsable do SLG na zona sur de Lugo, e Daniel García Fernández, deputado provincial do Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que destacaron a importancia de crear espazos de diálogo cos viticultores e viticultoras da comarca para analizar a situación da vendima deste ano 2025 e debater os retos e oportunidades do sector.

Lembrouse tamén á poboación afectada pola vaga de lumes que arrasa o país e que afecta a persoas labregas por todo o territorio. Ana Rodríguez tamén falou da situación actual do sector vitivinícola e o obxectivo destas xornadas, “A Ribeira Sacra é a única denominación de orixe vitícola da provincia de Lugo, e levamos desde principios de 2024 reclamando solucións para os problemas que sofre. A supervivencia das viticultoras, dos viticultores e da propia paisaxe que define a comarca depende diso”.

A representante do SLG advertiu tamén sobre os riscos para o futuro do sector, lembrando que a principal adega da denominación de orixe “non vai recoller uva este ano e que as demais seguen con dificultades por mor de enfermidades e da seca”. Coas xornadas aseguran que queren compartir cos viticultores e viticultoras a información que o Sindicato foi recollendo a través do Consello Regulador e das adegas.

As charlas programadas son as seguintes:

  • Quiroga: Venres, 29 de agosto, ás 19:00 h – Casa da Cultura
  • Chantada: Sábado, 30 de agosto, ás 12:00 h – Local do Sindicato Labrego Galego
  • Pantón: Mércores, 3 de setembro, ás 19:00 h – Casa da Cultura
  • Sober: Xoves, 4 de setembro, ás 19:00 h – Casa da Cultura
  • Taboada: Sábado, 6 de setembro, ás 12:00 h – Casa da Cultura

Completarase o ciclo cunha conferencia en Monforte sobre a Lei da Cadea Alimentaria, aplicada ao sector vitivinícola: contratos, prezos e incumprimentos, a cargo de Orlando Vázquez Yáñez, Xefe do Servizo da Cadea Alimentaria e Control de Prácticas Comerciais Desleais da Consellería de Medio Rural. Terá lugar o venres, 5 de setembro, ás 12:00h no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde “con 2 médicos para 8.000 persoas”

Chantada quere Sanidade denuncia que "a falta de previsión e unha xestión deficiente por...

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o...

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...