HomesociedadeMonforte celebra unhas 'Olimpíadas de mesa'

Monforte celebra unhas ‘Olimpíadas de mesa’

O evento, dedicado aos xogos de mesa, celebrarase no Ateneo Casino de Monforte de Lemos os días 5 e 6 de setembro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Ao longo de dúas xornadas, as persoas amantes dos xogos de mesa poderán participar (previa inscrición) en torneos de Catán, Magic, Risk e Dune Imperium, catro dos títulos máis populares entre a comunidade afeccionada aos mesmos.

Ademais das competicións, haberá unha zona libre de xogos onde o público poderá probar diferentes propostas lúdicas, descubrir novos títulos e gozar dun ambiente de convivencia arredor do lecer alternativo. Como complemento, organizaranse partidas nocturnas de rol abertas a quen desexe inscribirse.

QUE FACER PARA PARTICIPAR?
As inscricións están xa abertas e poden realizarse a través do formulario publicado nas redes sociais do Ateneo Casino, ou ben facilitando os datos de contacto no teléfono 689 799 011 ata o día 1 de setembro.

As I Olimpíadas de Mesa nacen coa intención de consolidarse como unha cita anual de referencia na cidade do Cabe fomentando a participación, a creatividade e a socialización arredor dos xogos de mesa modernos e do rol.

ÚLTIMAS

Desactivada a Situación 2 no incendio da Pobra do Brollón

Este incendio estaba activo desde as 13.06 horas do luns, despois de iniciarse na...

X Festival dos Eidos, o 29 e 31 de agosto

O Festival dos Eidos organizado pola Fundación Uxío Novoneyra coa colaboración da Área de Cultura...

Catro grandes incendios seguen sen control en Ourense e Lugo

Galicia mantén activos catro incendios forestais, dous deles na provincia de Ourense e outros...