HomesociedadeChantada suspende a sesión de fogos artificiais deste 25 de agosto

Chantada suspende a sesión de fogos artificiais deste 25 de agosto

“Para un concello sempre é difícil cancelar unha actividade, pero como concellos temos reponsabilidades co noso territorio e cos nosos veciños ante situacións críticas, como é o caso”, afirma o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada celebra desde o pasado 21 e ata mañá, 26 de agosto, festivo local en Chantada, as Festas Patronais na honra á Virxe do Carme.

Para este luns, 25 de agosto, tíñase programada a tradicional sesión de Fogos Artificiais na Praza do Pavillón Municipal, pero despois dos incendios que vén padecendo Galicia, o equipo de goberno toma a decisión de suspender este espectáculo e toda a pirotecnia das Patronais. “Cando se tiran os fogos do Pavillón dispoñemos da nosa carroceta e do dispositivo que aporta o Parque do Consorcio Provincial de Bombeiros; que controlan a contorna por se prende lume. Aínda que non hai impedimento legal para celebrar os fogos, con estas condicións meteorolóxicas e ante a posibilidade de que se inicie algún foco por outras causas no municipio ou en municipios limítrofes, consideramos que é importante ter os nosos operativos de loita contraincendios dipoñibles”, explica o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo.

Esta cancelación, medida que se toma por primeira vez, faise tamén por repecto e solidariedade cos municipios que aínda son vítimas do lume, “Para un concello sempre é difícil cancelar unha actividade, pero como concellos temos reponsabilidades co noso territorio e cos nosos veciños ante situacións críticas, como é o caso”, afirma o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que aproveita para desculparse polas molestias que esta situación puidera provocar.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...