HomesociedadeClausúrase o obradoiro dual de emprego Os Soutos, que comparten Láncara, Samos...

Clausúrase o obradoiro dual de emprego Os Soutos, que comparten Láncara, Samos e Paradela

O taller desenvolveuse durante os últimos nove meses e sumou unha vintena de prazas en dúas especialidades formativas, unha sobre xardinaría e a outra enfocada á conservación e mellora de montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este venres en Láncara na clausura do obradoiro dual de emprego Os Soutos, promovido por este concello xunto cos de Samos e Paradela. A actividade foi financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros.

Arias destacou que os obradoiros impulsados pola Xunta “céntranse en sectores nos que existe demanda de profesionais cualificados”, polo que animou ás persoas alumnas-traballadoras que hoxe recolleron os seus diplomas “a aproveitar esta oportunidade para abrise paso no mundo laboral”.

A formación teórica complementouse con tarefas prácticas que serviron para mellorar varios espazos dos tres municipios. Así, en Láncara leváronse a cabo labores de acondicionamento na área fluvial e na zona da estación; mentres que en Paradela traballouse no paseo do Malecón e na ruta do Loio. No que respecta a Samos, actuouse nas contornas da piscina municipal, o campo da festa e a Horta da Botica; ademais de mellorar xardineiras en diferentes puntos do casco urbano.

Obradoiro Dual de emprego compartido por Láncara, Samos e Paradela / Delegación territorial

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...