Homesociedade110 participantes nos Campamentos de Verán que veñen de rematar en Quiroga

110 participantes nos Campamentos de Verán que veñen de rematar en Quiroga

O venres remataron os Campamentos de Verán, organizados dende a  área de Igualdade do Concello dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cunha matrícula de 110 nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto, foron moitas as actividades nas que participaron, con actividades nas aulas realizando obradoiros de todo tipo ata excursións para visitar os museos e facer unha pequena ruta polas diferentes localizacións da vila onde se atopa un mural. Todo baixo a supervisión de voluntari@s e unha coordinadora que se ocuparon do coidado dos rapaces durante as horas de campamento.

Os nenos e nenas tamén se viron afectados nestas dúas últimas semanas polos incendios que sufriron os nosos montes, debido a que o fume e a calidade do aire non eran as adecuadas para a poboación e por tanto non se podían realizar tarefas o aire libre nin acudir as piscinas, así os monitores e monitoras destes rapaces tiveron que tirar de imaxinación e poder ofrecerlle outro tipo de actividades a rapazada.

Así, na útima xornada, os rapaces e rapazas tiveron a súa merecida festa de despedida na que houbo todo tipo de xogos, pintacaras, realización de trenzas, xogos de pompas con xabón, ect,.O que non faltou foi un ríquisimo almorzo a base de bocatas e larpeiradas, a que tamén acudiron os responsables municipais e que se desenvolveu no patio do CEIP de Quiroga.

Campamentos de Verán Quiroga 2025 / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...