HomesociedadeObradoiro de toque manual de campás en Quiroga

Obradoiro de toque manual de campás en Quiroga

As parroquias de Quiroga-Courel organizan esta actividade en colaboración coa Asociación Cultural Campaneiros de Galicia "co fin de preservar un legado Patrimonio da Humanidade"., comenta o crego Jesús Río Ramilo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O toque manual de campás, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, é unha arte sonora que definiu a identidade de innumerables comunidades ao longo dos séculos. A partir deste recoñecemento, e para preservar esta tradición, o adro da igrexa da Ermida acollerá un taller práctico de campanería o vindeiro domingo, 7 de setembro, de 16:30 a 19:00 horas e está deseñado para profundar nos aspectos técnicos e culturais desta práctica ancestral.

“O toque manual non é só unha acción, senón unha linguaxe codificada a través de repeniques, volteos e toques de queda que transmiten mensaxes específicas á comunidade”, comenta Jesús Río Ramilo, crego na Comarca de Quiroga.

TALLER DE CAMPANERÍA

Esta peculiar formación ofrecerá a oportunidade de coñecer e executar estes toques, entendendo o seu simbolismo e a súa función social. Os participantes aprenderán a diferenciar entre as técnicas galegas tradicionais, como a “repicaxe”, caracterizado polo seu ritmo vivo e festivo, e o “toque a morto”, que evoca un sentimento de solemnidade. A actividade poñerá en valor a mecánica e a acústica das campás, instrumentos que, malia a súa antigüidade, seguen sendo unha ferramenta de comunicación vital para as comunidades cristiás.

“É unha invitación á comunidade para ser partícipe activa da conservación dun tesouro cultural que transcende as fronteiras”, comenta o párroco Jesús Río Ramilo ao tempo que lembra que poden participar da actividade todos os públicos sen custe algún.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...