HomesociedadeTransportes finaliza o novo túnel de Oural na liña Ourense-Monforte-Lugo

Transportes finaliza o novo túnel de Oural na liña Ourense-Monforte-Lugo

A posta en servizo deste túnel terá lugar o próximo 23 de setembro. O novo túnel, de 1,9 km de lonxitude e 52 m2 de sección, albergará, na súa configuración definitiva, unha vía única electrificada montada sobre placa de formigón (vía en placa), tal e como está configurado o resto do traxecto. Os labores de conexión coa rede ferroviaria levaranse a cabo entre o 20 e o 22 de setembro, incluíndo un simulacro do plan de autoprotección de Adif

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No mes de setembro, durante a posta en marcha do servizo, haberá un Plan Alternativo de Transporte para garantir a mobilidade dos viaxeiros. O novo túnel de Oural, de 1,9 km de lonxitude, é unha das principais actuacións da ambiciosa renovación integral que Adif está a levar a cabo na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km), que conecta coa rede de alta velocidade en Ourense. Desta maneira, refórzase a fiabilidade e capacidade do trazado, ademais de renovar e ampliar estacións como as de Monforte, Sarria, Os Peares e Lugo.

Para iso, Adif mobilizou un investimento duns 626 millóns de euros, dos que xa executou máis de 507M€. O plan tamén comprende a renovación de todo o material de vía (carril, balasto, travesas), o reforzo de estruturas (pontes e túneles), desmontes e terrapléns, e a adaptación dos gálibos das pontes e túneles da liña. Ademais, inclúe a electrificación do tramo Monforte-Lugo e a adaptación a 25 kV da actual electrificación do traxecto Ourense-Monforte, así como a renovación de sistemas de sinalización e telecomunicacións, a modernización da estación de Monforte e a construción da nova estación de Lugo.

Entre Monforte e Lugo despregáronse 120.000 novas travesas e 130.000 m3 de balasto para renovar a vía. Tamén se ampliou o gálibo para albergar os postes e equipos da nova electrificación e reforzáronse 56 pontes e túneles. En materia de instalacións, o plan inclúe unha nova subestación eléctrica en Oural, a renovación dos enclavamentos de Monforte, Rubián, Sarria, Pobra de San Xiao, Laiosa e Lugo Mercadorías, para a implementación do Bloqueo de Liberación Automática en Vía Única (BLAU) entre Monforte e Lugo Mercadorías.

Túnel Oural / Delegación do Goberno en Galicia

Ademais, modernízase a estación de Monforte de Lemos, incluíndo a construción dun novo paso inferior entre plataformas; renóvanse as estacións de Rubián, Oural, Laiosa e Sarria, na que se construíu unha pasarela peonil, que reforza a permeabilidade do barrio de Mazadoiro.

Entre Ourense e Monforte ampliouse o alcance das actuacións para adecuar os gálibos nos 13 túneles do tramo e equiparar as súas prestacións aos corredores europeos. As obras de renovación neste traxecto afrontaron o gran reto técnico e de planificación que expón a difícil orografía, con accesos a vía moi complicados para a maquinaria. En paralelo, no tramo Monforte-Ourense abordouse a montaxe e adecuación de electrificación e a instalación de novos sistemas de sinalización e telecomunicacións en toda a liña, renováronse os enclavamientos das estacións de Canaval, Santo Estevo do Sil, Os Peares e Barra de Miño para o establecemento dun Bloqueo Automático en vía única (BAU).

A renovación da liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo contribúe aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 9 (infraestruturas, sostibles, fiables e de calidade), 7 (sustentabilidade) e 8 (crecemento económico e xeración de emprego). Plan Alternativo de Transporte Para garantir a mobilidade dos viaxeiros de longa e media distancia durante os traballos previos á apertura do túnel que manterán esta infraestrutura pechada, Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada entre o 20 e o 22 de setembro.

O operador ferroviario habilitará 22 autobuses para cubrir oito roteiros: seis de media distancia con transbordos por estrada entre Rábade, Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, e dous roteiros de longa distancia Madrid – Lugo con autobuses no tramo entre Lugo e Monforte de Lemos.

Túnel Oural / Delegación do Goberno en Galicia

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...