HomesociedadeVirxe dos Remedios, Meco e Pampórnigas, un clásico de setembro en Quiroga

Virxe dos Remedios, Meco e Pampórnigas, un clásico de setembro en Quiroga

Como cada 8 e 9 de setembro, e nunha tradición que se alonga varios séculos no tempo, saen en procesión na parroquia quiroguesa da Ermida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Virxe dos Remedios da Ermida é a figura central dunha romaría con séculos de antigüidade, romaría que ademais está a piques de declararse Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial e para a que tamén se pediu a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

Este pasado luns, 8 de setembro, a súa figura lucía a imaxe que presenta dende o pasado ano cando con motivo da súa coroación canónica quitou a vestimenta que a tapaba e amosou a súa forma orixinal realizada en alabastro a principios do século XV. Un novo manto e unha nova coroa engalanaban a imaxe.

Abrindo paso na procesión estaban, como marca a tradición, as emblemáticas figuras do Meco e as Pampórnigas. O “Meco”, que nestas últimas edicións vai xa acompañado do meco pequeno, anunciaba a súa presencia co repique das castañolas e cunha vasoira de toxos coa que afastaba ás persoas para que poidera pasar o cortexo procesional. As “Pampónigas”, dous xigantes que simbolizan a un home e a unha muller, camiñaban ergueitas e ben visibles na distancia encabezabando a comitiva. A continuación destas figuras ía un grupo de gaiteiros tocando unha peza tradicional da comunidade, recuperada polo gaiteiro Colomán González; e de seguido xa os elementos propiamente relixiosos (os estandartes parroquiais, cun realizado recentemente, a imaxe da Virxe e os párrocos), ademais de devotos e visitantes.

A Virxe dos Remedios en procesión na romaría da Ermida (2025). Foto: RTMQ.

Rematada a procesión, e xa na entrada da igrexa, o Meco –cun xeonllo no chan– e as Pampórnigas –baixando a cabeza en sinal de respecto– deixaron pasar á Virxe ao templo. Os máis relixiosos participaron da misa pero outra parte dos visitantes a esta senlleira procesión ficaron na parte máis pagá, o atrio, onde lle tiraron moedas ao Meco seguindo o ritual de el recollelas tras apartar coa vasoira de toxos a todo aquel ou aquela que se interpuxera no seu camiño. Nesta tradición participa tamén, dende hai uns anos, un ‘Meco pequeno’ para interaccionar coa cativada antes do Meco propio.

Os Mecos na Ermida (2025). Foto: RTMQ.
MARTES 9 DE SETEMBRO

Hoxe hai misas ás 9:30, ás 11:00 e ás 13:00 h. Esta última tamén con procesión e a saída do Meco e as Pampórnigas. A sesión vermú, ao igual que a festa da tarde e noite virán da man da orquestra D’ Noche.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...