HomesociedadeImportante achega da Deputación de Lugo para a entidade Auxilia Monforte

Importante achega da Deputación de Lugo para a entidade Auxilia Monforte

O Presidente da institución provincial vén de asinar un convenio de colaboración coa representante deste colectivo de carácter social para concederlle unha axuda de 5.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de favorecer a integración das persoas con discapacidade, a Deputación de Lugo vén de concederlle 5.000 euros á entidade de carácter social Auxilia Monforte. O convenio de colaboración asinárono días atrás o presidente da institución provincial, José Tomé, e a presidenta da beneficiaria da asociación, Sofía Pardo Viloria.

Con esta achega, Auxilia Monforte poderá financiar un conxunto de actuacións deseñadas para promover a autonomía persoal dos veciños e veciñas da Ribeira Sacra que sofren algún tipo de discapacidade. Algunhas das actividades que poderán ser financiadas con estes cartos son: talleres de estimulación cognitiva, psicomotriz e dinámicas de grupo, intervencións individualizadas no fogar das persoas usuarias, e mantén contactos telefónicos con elas.

AUXILIA MONFORTE, MOI PENDENTE DA DISCAPACIDADE NO SUR DE LUGO

Segundo os datos do Censo de Persoas con Discapacidade de Galicia 2024, na provincia de Lugo hai máis de 35.000 persoas con diversidade funcional e neste caso, Auxilia Monforte atende ás persoas dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, O Courel, O Incio, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.

A Deputación de Lugo destina este ano 2025 un total de 41,2M€ –un terzo do seu orzamento– ás políticas sociais, que en palabras do Presidente “é algo que nos definen como Goberno e son un sinal de identidade desta Administración”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...