HomesociedadeClausúrase o obradoiro de emprego 'Serra do Faro IX' que compartiron Chantada,...

Clausúrase o obradoiro de emprego ‘Serra do Faro IX’ que compartiron Chantada, Carballedo e Taboada

A Xunta vén de clausurar en Chantada o obradoiro dual de emprego Serra do Faro IX, que promove o concello de Chantada en colaboración cos concellos de Carballedo e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Obradoiro formáronse unha vintena de persoas nos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

No Concello de Chantada rehabilitáronse os miradoiros do paseo fluvial facéndoos máis accesibles e co módulo de acabados ríxidos e urbanización tamén se creou unha plataforma para eliminar as barreiras arquitectónicas do parque Eloísa Rivadulla.

Coa formación de xardíns traballouse na conservación das zonas axardinadas do paseo fluvial e creouse unha nova área verde no barrio de Marín. O alumnado de Atención Sociosanitaria, tamén recibiu clases teóricas e prácticas que se desenvolveron na residencia de Carballedo, centrando a formación na atención ás persoas dependentes.

En Carballedo, rehabilitaron a casa reitoral de Santa Cristina de Asma e encargáronse do mantemento de xardíns e zonas verdes nos núcleos de Castro e A Barrela. No tocante a Taboada, acondicionaron un vial no núcleo urbano de Pacios e levaron a cabo o mantemento de zonas axardinadas na capitalidade do municipio, remodelando ademais de xeito integral dúas glorietas, unha na rúa Fenosa na súa intersección coa rúa Nova, e outra na rúa das Ínsuas na intersección coa rúa do Carballo.

Este taller ofrece a modalidade dual, o que supón que a Xunta concede incentivos para contratar a varios participantes en empresas da contorna para desempeñar funcións vinculadas ás ensinanzas impartidas. Estes contratos realízanse ao finalizar a actividade, cunha duración mínima de tres meses a xornada completa.

Do acto de entrega de diplomas para clausurar esta IX edición do Serra do Faro participaron, entre outros, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde de Carballedo, Julio Yebra, o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acompañado do concelleiro de obradoiros, Diego Otero.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...