HomesociedadeDúas fases nas obras da Praza da Estación en Monforte para facilitar...

Dúas fases nas obras da Praza da Estación en Monforte para facilitar a mobilidade de vehículos e peóns

A Xunta de Goberno celebrada este luns, 15 de setembro, autorizou a petición formulada pola empresa adxudicataria dos traballos, Misturas Obras e Proxectos S.A., que propón a realización das obras que promove Adil en dúas fases, de forma que o acceso ás vivendas e á propia Estación poida facerse sempre pola parte non ocupada totalmente polos traballos. Os cortes produciranse nos vindeiros días, tendo en conta que as obras avanzan dentro do prazo establecido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A resolución da Xunta de Goberno ten en conta o informe da Policía Local, que introduciu varios condicionantes para que o paso dos peóns se faga con seguridade en todo momento. Así, a empresa terá que garantir sempre o paso peonil, incluíndo o traslado de carriños e cadeiras de persoas con mobilidade reducida a todos os domicilios. Tamén no momento no que se fagan as obras na parte correspondente aos portais dos edificios que dan á Praza. Para elo terá que colocar pasarelas que permitan sempre un paso seguro.

En canto á entrada con vehículos ata o garaxe do hotel existente na Praza, facilitarase o acceso, excepto durante o tempo no que as obras se realicen xusto diante ou se requira a presenza de maquinaria en funcionamento que o impida ou o faga inseguro. Na mesma liña, tamén se deberá facilitar o acceso ao Centro Municipal de Tratamento de Drogodependencias, situado no sur da praza.

No que se refire ao recinto da Estación na parte que hai naves alugadas, a adxudicataria das obras terá que xestionar coa entidade titular da propiedade o acceso con vehículos desde a rúa Rosalía de Castro, á altura do enlace con Doutor López Suárez, polo menos no horario de actividade ordinaria.

Parada de autobuses e taxis

Establecerase unha parada provisional na rúa Leopoldo Calvo Sotelo, na marxe dos números pares, entre o 190 e o 200. Nesa reserva de espazo destinarase un tramo á parada de taxis, durante o tempo que estes vehículos non poidan acceder á Praza para prestar o seu servizo.

Fase 2 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...