Homesociedade41.700€ para renovar contedores e mellorar o Punto Limpo de Monforte

41.700€ para renovar contedores e mellorar o Punto Limpo de Monforte

O concello de Monforte licita o contrato para a mellora do Punto Limpo Municipal e a adquisición de contedores, por un importe estimado de 41.684,50 euros. Para a execución do contrato establécese de prazo ata o 15 de novembro de 2025, cun máximo dun mes desde a sinatura do contrato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese ano non se levaron a cabo obras de mellora nin de actualización, polo que “hai unha serie de elementos que requiren unha renovación”, sinala o alcalde, José Tomé. Ademais, faise necesario ampliar os residuos admitidos na instalación, para adecuarse á produción de residuos na actualidade.

O contrato recolle melloras nas portas de acceso, como o pintado, motorización, establecemento dun sistema de control de accesos para usuarios e instalación dunha barreira automática tipo parking diante da caseta de control de acceso.

Tamén se substituirán os contedores existentes utilizados para voluminosos de madeira e chatarra, debido ao mal estado que presentan. Os novos terán que ser compatibles para uso con camións de gancho tipo ampiroll, cunha capacidade mínima de 30 m3.

O prazo para a presentación de propostas finaliza o 2 de outubro de 2025 e a mesa de contratación reunirase o día 6 do mesmo mes, ás 8.45 horas.

Esta intervención encádrase dentro da axuda concedida ao Concello de Monforte no marco do programa de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...