O obxectivo deste tipo de programas é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral de 100 persoas en situación de desemprego; proporcionando información, orientación, asesoramento ou cursos de formación. Nesta tempada 24/25 impartíronse 14 cursos desde outubro do pasado ano. As formacións adecúanse ás demandas do sector empresarial e ao perfil e o obxectivo profesional das persoas participantes. Deste modo realízase un emparellamento de ofertas de traballo entre as empresas e as persoas demandantes de emprego para cubrir as necesidades específicas do mercado laboral.

PIE Chantada 2024-25 / Concello de Chantada
Nesta semana rematou o Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada e faino con máis de 70 persoas que iniciaron a actividade laboral desde o comezo da formación. A previsión é que esta cifra siga aumentando nos próximos meses froito das accións levadas a cabo no transcurso do programa.
O Concello de Chantada ten solicitado un novo Programa Integrado de Emprego 25/26 e espérase que a Xunta teña a resolución en outubro. A partir dese momento poderase informar do comezo do novo programa. O requisito indispensable para participar del é estar en situación de desemporego e inscrita/o no servizo público de emprego como demandante.

PIE Chantada 2024-25 / Concello de Chantada