HomesociedadeComezan as obras para rematar a renovación da vía entre Pedrafita do...

Comezan as obras para rematar a renovación da vía entre Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel

A Deputación de Lugo vén iniciar as obras na LU-P-1301 que completarán a renovación da vía entre Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel na que leva investidos máis de 1M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hermanos Pico Yañez SL está a cargo dos traballos que afectan ao tramo que vai desde o punto quilométrico 6,8 e o 7,3, á altura das parroquias de Pacios e Lousada. Cun orzamento de 390.000€ as obras inclúen o ensanche desta estrada ata 10 metros, melloras na drenaxe, afirmado, sinalización e tratamento da paisaxe, o que servirá para minimizar o impacto ambiental nesta zona dos Ancares que pertence a Rede Natura 2000. O prazo de execución é de 10 meses.

“Estas actuacións resolverán os principais problemas desta estrada, que tiña un ancho insuficiente en moitos tramos, con curvas complicadas de rasante irregular e mellorar as súas condicións en canto á drenaxe da auga, sinalización e inclemencias do tempo”, destaca o presidente da Deputación, José Tomé.

Nos últimos anos, a Deputación de Lugo ten acometido obras de mellora en diferentes tramos, ata o quilómetro 12,51 á altura de Hospital, na parroquia de Santa María do Cebreiro. Un conxunto de actuacións da que se beneficiarán as preto de 2.000 persoas que viven entre estes dous convenios e que dá servicio tamén a recursos importantes no turismo rural da contorna.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...