HomesociedadeOs viños da Ribeira Sacra triunfan no Mondial des Vins Extrêmes 2025

Os viños da Ribeira Sacra triunfan no Mondial des Vins Extrêmes 2025

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou 17 galardóns no prestixioso certame internacional celebrado en Aosta (Italia), consolidando a súa posición como marca premium de viños de alta gama no panorama nacional e internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“A viticultura heroica da Ribeira Sacra volve situarse no máis alto do panorama internacional co motivo do Mondial des Vins Extrêmes 2025, celebrado en Aosta (Italia)”, comentan con gran satisfacción dende o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, tras coñecer os resultados do concurso de referencia mundial para os viños producidos en condicións extremas de cultivo.

Os viños deste territorio amparado acadaron 3 Grandes Medallas de Ouro e 14 Medallas de Ouro, un recoñecemento que confirma a excelencia e singularidade desta rexión vitivinícola. Entre os premiados figuran adegas de distintas subzonas da DO (Quiroga, Sober, Chantada, Pantón, O Saviñao, Monforte ou Ribas de Sil), o que reflicte a riqueza e diversidade da Ribeira Sacra.

GALARDÓNS

Gran Medalla de Ouro:

Godello Don Cosme 2024 (EDV 2015 SLU, Quiroga), Mencía Matilda Nieves 2024 (Rectoral de Amandi, Sober) e Mencía Cividade 2024 (Adega Verao, Sober).

Medalla de Ouro:

Vía Romana Añada Mencía 2024 (Adega e Viñedos Vía Romana, Chantada), Mencía Batanero 2022 (Pazo de la Cuesta, Ribas de Sil), Godello 1904 2022 (Adega Vella, Ourense), Mencía Almanova 2024 (Alma das Donas, Pantón), Godello Almalarga 2024 (Alma das Donas, Pantón), Mencía Don Bernardino 2024 (Don Bernardino, Sober), Mencía Don Bernardino 4ª Xeración 2020 (Don Bernardino, Sober), Godello Don Bernardino 2024 (Don Bernardino, Sober), Godello 2024 (Regina Viarum, Sober), Mencía 22º 2023 (Alouviño, Sober), Godello 2019 (Alvaredos-Hobbs, Alvaredo), Mencía Promine Singular 2024 (Bodegas Petrón, Doade-Sober), Mencía Viña Vella 2024 (SAT Virxen dos Remedios, O Saviñao) e Mencía Cárcava 2024 (Viñedos Zarzagal, Monforte de Lemos).

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...