HomesociedadeLópez Campos destaca en Mondiacult "o excepcional valor cultural da Ribeira Sacra"

López Campos destaca en Mondiacult “o excepcional valor cultural da Ribeira Sacra”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou este martes que a declaración de Patrimonio Mundial da candidatura Ribeira Sacra: Paisaxe da auga sería “o xusto recoñecemento ao seu excepcional valor cultural”. Así o aseverou na súa participación na Conferencia Mundial Sobre Políticas Culturas e Desenvolvemento sustentable Mondiacult, que está a celebrar a Unesco en Barcelona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

López Campos lembrou que Ribeira Sacra: Paisaxe da auga xa forma parte das propostas admitidas para ser avaliadas polo Comité Mundial da Unesco, “tras cumprir a Xunta puntualmente cos trámites, documentación e tempos exixidos”. Neste senso, defendeu a “candidatura madura e sólida presentada”, da que lembrou que está actualmente na súa recta final.

“É moi difícil, case imposible, que a Ribeira Sacra defraude”, aseverou López Campos e lembrou que a candidatura presenta unha paisaxe construída co uso da auga “dun xeito novidoso que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial”. Así, enxalzou “os atributos especiais que fan único este territorio e paisaxe”, fancendo referencia aos canóns e vales fluviais esculpidos pola auga e ao relevante patrimonio hidráulico que atesoura.

O conselleiro advertiu da importancia dos próximos pasos a dar, como a visita que a Ribeira Sacra recibirá nos primeiros día de outubro por parte de consultores da Unesco, “á que lle seguirán outros procedementos de cara á decisión definitiva deste organismo no segundo semestre do vindeiro ano”, avanzou.

“O camiño que nos queda é moi difícil e crucial”, pero as sensacións son boas e mostrouse confiado na consecución desta distinción en 2026. Agradeceu a “colaboración e apoio en todo momento” do Ministerio de Cultura e tamén da comunidade, veciñanza, axentes locais e institucións dos 26 concellos de Lugo e Ourense que integran a candidatura.

Tamén salientou o “esforzo e traballo sen descanso” por parte da Xunta para fornecer Ribeira Sacra: Paisaxe da auga. Así, sinalou os preto de 8 M€ que a Administración autonómica ten investido na conservación e posta en valor de máis de 40 bens patrimoniais deste territorio das provincias de Ourense e Lugo nestes últimos anos.

ÚLTIMAS

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...

Chantada anima á veciñanza a colleitar microtopónimos para conservar a riqueza lingüística do municipio

Para dar a coñecer este programa onde a colaboración da xente é fundamental, o...