HomesociedadeDous policías locais de Chantada reciben a Medalla ao Mérito por salvar...

Dous policías locais de Chantada reciben a Medalla ao Mérito por salvar a un home dun incendio

As distincións para os policías locais que prestan servizo en Chantada concédense pola súa intervención no incendio que se producía o 3 de novembro nun edificio da rúa Santa Mariña onde “rescataron a unha persoa con problemas de mobilidade e desaloxaron o edifico ante o risco de propagación”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), acollía este venres pola tarde a entrega de condecoracións a dous policías locais do Concello de Chantada, Emilio Vázquez Guerra e Jesús López López.

A Consellería de Presidencia publicaba esta semana no DOGA a resolución pola que se lle concede a estes dous axentes a Medalla ao Mérito da Policía Local, ademais de dous axentes de Ourense, dous de Vigo e un na Coruña.

Hoxe Emilio Vázquez, que leva 27 anos na policía local de Chantada agradecía a distinción e aseguraba que salvar a unha persoa é un gran orgullo, “Felicitounos moita xente, en casos así a xente dáse conta de que a nosa labor é necesaria, persoas de Chantada e de fóra de Galicia, cando foi o suceso e agora. É un orgullo que en situacións extremas, como acostuman ser estes casos, a persoa se salvara e non houbera máis afectados”.

Hai 20 anos que Jesús López é policía local en Chantada, este venres por motivos persoais non puido recoller a súa distinción. Asegura que nesta profesión sempre hai carga de traballo e ás veces dánse casos extraordinarios como este incendio, “nese momento estabamos nas proximidades e chegamos antes que os bombeiros. A situación requeriuno así. Para calquera policía de voación que teña amor á profesión, é unha honra que che fagan unha condecoración, o máximo na carreira profesional. Estas cousas pasan porque houbo unha desgraza e o deber cumplido é terlle salvado a vida a unha persoa”.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, acudía ao acto de entrega destas distincións e felicita aos axentes en nome do Concello, “Quero destacar o traballo e determinación dos dous policías locais condecorados, é unha honra que presten servizo en Chantada. Agradecer tamén desde o Concello o traballo que desenvolve cada día a Policía Local e outras forzas de seguridade”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...