HomesociedadeA FP da área de Lemos-Chantada-Quiroga é a que máis medra en...

A FP da área de Lemos-Chantada-Quiroga é a que máis medra en matrícula de toda Galicia

O eixo Lemos-Chantada-Quiroga é o máximo expoñente da fortaleza da Formación Profesional galega este curso, xa que é a área de Galicia que máis medra, con 846 persoas matriculadas, o que representa un incremento do 8,18% con respecto ao curso pasado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visita os institutos IES A Pinguela e IES Daviña Rey, ambos en Monforte de Lemos, onde reiterou a aposta do Goberno galego por unha Formación profesional “moderna e innovadora” e “pegada aos intereses e demandas de cada territorio”.

Segundo o conselleiro as ensinanzas de FP seguen consolidándose en Galicia cunha cifra récord de 71.229 matriculados, o que supón un incremento do 3,5%. Unha dinámica que se reflicte tamén no conxunto da provincia de Lugo, con preto de 7.300 matrículas (un 4% máis) e, especialmente na área de Lemos-Chantada e Quiroga.

Neste último caso destacan a boa acollida das novas titulacións de Alta Especialización como o ciclo de grao medio Confección de moda e oferta parcial de calzado e complementos de moda do IES A Pinguela e o grao superior Sistemas de telecomunicacións e informáticos e oferta parcial de sistemas electrónicos e automatizados.

Aínda que non de nova implantación este curso, tamén salientar a demanda dos másteres de grao superior Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da operación e Sistemas de sinalización e telecomunicacións ferroviaria, ambos no IES Daviña Rey.

Román Rodríguez avanzou que o seu departamento ten previsto redactar o vindeiro ano un proxecto de ampliación do Instituto A Pinguela co fin de dotalo de instalacións axeitadas de cara ao futuro. Esta ampliación unirase a outras obras de envergadura acometidas en Monforte como foi a rehabilitación integral levada a cabo no IES Daviña Rey, cun investimento de 1,4M€.

Conselleiro de Educación visita IES Daviña Rey / Consellería de Educación

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...