HomesociedadeXornadas de Benestar 'Respira!' en Monforte

Xornadas de Benestar ‘Respira!’ en Monforte

Están organizadas polo gabinete euForte e Maro Producciones e desenvolveranse en diferentes espazos de Monforte do 10 ao 12 de outubro. O obxectivo é ofrecer á sociedade un programa de actividades relacionadas coa saúde mental, a nutrición, a fisioterapia e a arte.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Aproveitando que o vindeiro día 10 de outubro é o ‘Día Mundial da Saúde Mental’ os organizadores das I Xornadas de Benestar Respira! quixeron que a xornada inaugural cadrara con esa data pois este tema é un dos referentes do evento que se estenderá ata o domingo 12.

Esta primeira xeira, na que haberá dous escenarios diferentes, dará comezo cunha sesión de ioga ás 16:00 h. no Centro Cívico do Malecón para continuar ás 19:00 h. coa inauguración dunha exposición colectiva no espazo artístico É Ribeira e rematar cun cine-fórum coa película documental El estigma del silencio. Nesta última actividade estará presente Adán Latonda, o produtor do filme.

O sábado 11 todas as actividades serán no Ateneo Casino. Ás 10:00 h. da mañá hai programado un obradoiro de Movemento e Natureza impartido pola experimentada bailarina e coreógrafa Estefanía Gómez. Esta actividade ten un prezo de 15 €. Despois, ás 12:30 h., terá lugar un coloquio sobre Nutrición Consciente facendo fincapé na relación entre alimentación e psicoloxía. Será impartido por Isabel Mourín, técnica en dietética e nutrición.

Xa pola tarde, ás 16:00 h., haberá un obradoiro de Risoterapia conducido por Agustín Pérez Meriño, e a continuación unha mesa redonda baixo o título de ‘Trastornos mentais, pódense superar?’ que contará coa presenza de expertos e coñecedores da materia.

Pechará a xornada ás 20 h. un coloquio sobre Fisioterapia e psicoloxía con Lucía López Martínez, psicóloga xeral sanitaria, e Daniel Rodríguez, Director da Clínica NÓS de Monforte.

Durante toda a xornada do sábado haberá un posto de venda con materiais relacionados co benestar integral.

O domingo 12 ás 12:00 h. o espazo escollido será a cafetería MON, lugar onde se desenvolverá unha charla sobre xestión emocional da man de Noelia Pastor, Psicóloga cognitiva e experta en coaching e xestión emocional.

I XORNADAS DE BENESTAR RESPIRA!

A organización destas xornadas corre a cargo do gabinete de psicoloxía e coaching euForte e Maro Producciones, contando estes coa colaboración doutros espazos e proxectos monfortinos como son: Ateneo Casino, MON comeysueña, Centro de Ioga Ganesha, É Ribeira e Cristina Web Developer.

En palabras dos organizadores, o obxectivo deste evento “é revindicar a necesidade de sacar á luz todas estas temáticas, para contribuir a unha mellor calidade de vida e en definitiva a un benestar integral das persoas”.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...