HomesociedadePili Pampín nas festas de Canaval

Pili Pampín nas festas de Canaval

Os festexos comezaron este venres 10 de outubro e alongaranse ata o domingo 12. Na programación salienta tamén unha atractiva verbena para este sábado na que se fai unha homenaxe a Juan Pardo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A poboación de Canaval, no Concello de Sober, celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Rosario.

O comezo tivo lugar xa este pasado venres cunha pancetada popular e as actuacións musicais do Dúo Trasnos e do grupo JB Son que amenizaron a velada ata a madrugada.

Para hoxe, sábado 11 de outubro, espéralles á veciñanza e visitantes un día grande con atractivas propostas musicais. Pola mañá unha alborada que dará paso á misa solemne ás 13:00 h. e despois sesión vermú co grupo M3 Show. E xa pola noite, ás 22:00 h., unha verbena especial na que se rende homenaxe ao gran Juan Pardo. No escenario estarán Antonio Barros, a súa filla Lys Pardo, Fernando Calderón e Ialma. E como traca final a esta noite de música, ofrecerá un concerto Pili Pampín a partires das 23:00 h.

O domingo 12 rematarán os festexos coa misa e procesión a partir das 13:00 h. e unha sesión vermú a cargo da Banda de Música de Sober.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...