HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a vendima 2025 o día 9 de outubro cun total de 4.617.965 quilos de uva recollidos entre 83 adegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía como variedade maioritaria. As uvas brancas suman 1.065.229 quilos, destacando o peso da Godello.

O Consello Regulador agradece o traballo do sector vitivinícola, “a campaña conclúe con boas perspectivas para os viños que nacerán desta colleita, reflexo do esforzo e da singularidade da Ribeira Sacra”.

Variedades tintas: 3.552.736 kg

  • Mencía: 3.194.480 kg
  • Garnacha: 91.284 kg
  • Brancellao: 75.155 kg
  • Merenzao: 49.889 kg
  • Caíño: 26.416 kg
  • Grao Negro: 790 kg
  • Mouratón: 7.454 kg
  • Sousón: 90.783 kg
  • Tempranillo: 16.485 kg

Variedades brancas: 1.065.229 kg

  • Albariño: 61.893 kg
  • Godello: 924.869 kg
  • Treixadura: 56.766 kg
  • Branco Lexítimo: 9.317 kg
  • Dona Branca: 8.637 kg
  • Loureira: 2.719 kg
  • Torrontés: 938 kg
  • Caíño Branco: 90 kg

ÚLTIMAS

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...