HomesociedadeO IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Monforte...

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Monforte colle forma

O Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu o pasado venres unha Mesa de traballo para avanzar na confección do mesmo. Ao encontro asistiron persoal municipal e político e axentes socioeconómicos do municipio implicados na elaboración deste plan con achegas, opinións e suxestións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O encontro para traballar no Plan de Igualdade contou coa participación da Tenente de Alcalde, Gloria Prada; da Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López; persoal do Centro de Información á Muller (CIM); así como outros Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno e membros da Corporación Municipal.

A elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal iniciouse no mes de abril deste 2025, trala avaliación o ano pasado do III Plan de Igualdade entre mulleres e homes. Nese momento conformouse un equipo de traballo mixto con persoal do CIM e técnicos da consultora externa especialista en xénero e igualdade, SECES CIT, SL, e requiriuse a participación da sociedade co fin de xerar un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe social arredor da igualdade.

UN PROCEDO PARTICIPATIVO

Unha das claves na elaboración do Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é o proceso participativo que precisa das aportacións de tódalas persoas implicadas. Neste marco de colaboración, as achegas realizadas no desenvolvemento da Mesa de traballo por parte do persoal político, das traballadoras e traballadores das distintas áreas e departamentos municipais, dos axentes socioeconómicos e de toda a cidadanía monfortina son de gran importancia dada a súa experiencia, coñecementos e competencias no seu ámbito.

Nesta Mesa de traballo celebrada expuxéronse os resultados do proceso de diagnose realizado durante os pasados meses e no que foron partícipes mediante enquisas o persoal municipal e político, os axentes claves do municipio e a cidadanía monfortina en xeral. Así mesmo, presentáronse as áreas estratéxicas de intervención que precisan da necesaria implicación política, técnica e dos axentes socioeconómicos para que se produzan cambios encamiñados a que a igualdade entre homes e mulleres sexa efectiva. Nestas grandes áreas inclúense a coordinación interinstitucional, a prevención e tratamento da violencia de xénero, e a promoción da igualdade desde ámbitos como a participación social e o liderado, a educación, a conciliación e a corresponsabilidade, a formación e o emprego, o benestar e a saúde, a cultura, deporte e lecer, e o medio ambiente, servizos e urbanismo.

Por último, estableceuse unha metodoloxía de traballo e prazos para a recepción de achegas.

UN COMPROMISO COA IGUALDADE NO QUE SE IMPLIQUE A VECIÑANZA

Co proceso levado a cabo ata o momento (Avaliación-Diagnose-Elaboración) o Concello, a través da Concellería de Muller e Igualdade pretende realizar un IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal que sirva de base nos vindeiros anos para a verdadeira transformación social da cidadanía de monfortina e contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes de Monforte.

“O reto está non so en dotar ao Concello de Monforte dun instrumento de guía para os próximos anos en materia de igualdade, se non en conquerir un compromiso coa igualdade no que se implique a todo o municipio”, afirmaba o Alcalde, José Tomé.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...