Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e 2015 e actualmente escribe un blog semanal, colabora regularmente con Tim Atkin MW e tamén con publicacións especializadas como Decanter, Harpers Wine & Spirit, The Drinks Business ou Club Oenologique. Recentemente publicou, xunto a Jane Masters MW, o seu novo libro Rooted in Change: The Stories Behind Sustainable Wine (Enraizada no cambio: As historias do viño sostible), editado pola Academie du Vin Library en Londres.
Dende o Consello Regulador sinalan que “a visita de Andrew Neather supón unha oportunidade de poñer en valor a diversidade e calidade dos viños da Ribeira Sacra ante un dos críticos máis respectados no ámbito internacional. Durante a súa estancia, Neather poderá coñecer de primeira man a tradición vitícola da D.O., as súas adegas e os distintos viñedos, así como conversar cos responsables do Consello Regulador e con profesionais do sector”.
Esta visita destaca o interese que os viños da Ribeira Sacra están a suscitar fóra de España e contribúe a difundir o coñecemento sobre a D.O. entre medios e especialistas internacionais.

