HomesociedadeA veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

O Concello de Monforte de Lemos iniciou este mércores a campaña informativa “RecicLemos de xeito sostible” para a mellora da xestión dos residuos orgánicos e da compostaxe no noso municipio. A campaña comezou coa instalación dunha carpa informativa na rúa Cardenal para concienciar á poboación da importancia de separar e facer un uso correcto do colector marrón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes de composteiros domésticos que o Concello entrega de balde aos veciños e veciñas con hortas ou parcelas cunha superficie mínima de 25 m2 no termo municipal monfortino.

Estas accións continuarán nos vindeiros meses nas rúas do municipio e tamén nos centros educativos co obxectivo de chegar a toda a veciñanza e de sensibilizar á xente nova das vantaxes da compostaxe doméstica e da importancia de facer un bo uso do colector marrón.

O vindeiro martes, 11 de novembro, a campaña informativa continúa no CEIP A Gándara con dous obradoiros dirixidos aos escolares de Primaria. Xa o 24 de novembro, día de feira en Monforte, a carpa informativa instalarase no recinto do mercado, co fin de continuar coa labor de concienciación e fomento da reciclaxe da materia orgánica entre toda a veciñanza.

O Concello de Monforte xa implantou hai máis dun ano nas rúas do municipio o colector marrón, que ten como uso exclusivo a recollida de restos de orgánica, e xa son 1.995 as familias que participan de forma activa no uso do colector marrón. Con esta nova campaña, o Concello fai un chamamento á cidadanía para que máis veciños e veciñas se sumen ao voluntariado marrón.

Solicitudes e formularios online

As persoas e queiran darse de alta na campaña, poderán facelo ‘in situ’ nas carpas informativas que se instalarán nas rúas nas vindeiras semanas. Tamén poden rexistrarse chamando ao teléfono do Concello 982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou a través da solicitude online FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE TI TES A CHAVE CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.

Así mesmo, o Concello fai tamén un chamamento especial aos grandes xeradores de orgánica, establecementos de hostalaría e comercio, aos que se informará porta a porta sobre o servizo de recollida desta fracción. 

Esta campaña inclúe tamén o fomento da compostaxe doméstica. Na acción anterior repartíronse 253 composteiros e desta volta entregaranse 150 novas unidades entre as persoas interesadas que residan nunha vivenda illada e que conten cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m2. As solicitudes poden facerse nas carpas informativas, no teléfono do Concello  982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou ben directamente a través do FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS.

Requisitos para obter un composteiro

Para participar neste programa e poder optar á recepción dun composteiro, os solicitantes terán que estar censados en Monforte de Lemos e que a leira ou terreo no que o vaian instalar se sitúe no termo municipal de Monforte de Lemos, coas dimensións de polo menos 25 m2 de superficie.

Os usuarios e usuarias teñen que comprometerse a utilizar adecuadamente este composteiro. Xa que ademais, unha vez entregados e postos en marcha, levaranse a cabo visitas de seguimento dos mesmos, para certificar o seu correcto uso así como solucionar dúbidas que poidan xurdir.

ÚLTIMAS

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...