Homesociedade"Ribeira Sacra soubo diferenciarse e cara o futuro afronta grandes oportunidades", destaca...

“Ribeira Sacra soubo diferenciarse e cara o futuro afronta grandes oportunidades”, destaca Balseiro en Fitur

O delegado territorial realizou estas declaracións durante a presentación en FITUR do programa "Búskalo en Ribeira Sacra" que promove o Consorcio de Turismo.

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Balseiro subliñou en FITUR que a Ribeira Sacra “soubo diferenciarse, crear un produto de calidade e atopar o seu sitio no mercado turístico”. Engadiu que de cara ao futuro “afronta grandes oportunidades” coa declaración de Ben de Interese Cultural, o proxecto para o recoñecemento do Xeoparque Mundial de Montañas do Courel, e o Xacobeo do ano 2021, no que o Camiño de Inverno se estreará como ruta oficial.

Segundo Balseiro, Ribeira Sacra “ofrece experiencias para todos os gustos: turismo de natureza, cultural, enoloxía e gastronomía… Unha completa oferta que debemos aproveitar para atraer visitantes durante todo o ano”.

O delegado lembrou que a Ribeira Sacra ten un protagonismo especial na oferta turística que leva a Xunta a Fitur a través de Turismo de Galicia, estando presente en iniciativas como os Trens Turísticos, propostas enoturísticas como Paseando entre viñedos, ou a presentación das tres candidaturas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas, Ribeira Sacra e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...