Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un Magosto popular no que ademais de castañas asadas haberá unha pancetada e música a cargo do dúo Paradaisse para ambientar a festa desde as 18:00 h.
E xa para o domingo, 9 de novembro, o concello convida á participación nunha xornada micolóxica. De 10:00h a 14:00h haberá saída ao campo e a partir das 19:00h no Edificio Sociocultural contarase con exposición de cogomelos e unha conferencia. As actividades estarán guiadas por Enrique Vera, da Sociedade Micolóxica de Madrid, e Ramón Losada Pérez da Sociedade Micolóxica de Sober.

Xa pola tarde, outra oportunidade de gozar do teatro. Nesta ocasión da man do grupo Falcatrueiros que presentan a pez “Clown Oedipus”. Será ás 17:30 h na Casa da Cultura de Ferreira e con entrada gratuíta.

CANCELACIÓN DA ACTIVIDADE ‘EXPERTCLICK‘
Expertclick é o título do taller de uso de apps móbiles para Maiores que tiña programado o Concello de Pantón na Casa da Cultura para os días 10 e 11 de novembro, no edificio Sociocultural e en horario de 17:00 h. a 19:00 h. Ao respecto do mesmo, o Concello vén de anunciar que non se pode realizar e lamenta as molestias desta cancelación que vén de anunciar a empresa encargada de executar o programa.
Expertclick é un programa realizado por Fundacion Cibervoluntarios e a Fundación AEB da Asociación Española de Banca (AEB), co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

