HomesociedadeMonforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun 'roadshow' con información...

Monforte achega a ciberseguridade á veciñanza a través dun ‘roadshow’ con información e actividades na Explanada da Compañía

Un camión despregable do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade de España), dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, instalarase na Explanada da Compañía dos días 11 ao 15 de novembro para capacitar en materia de seguridade a toda a cidadanía, desde familias e menores, ata o público sénior, ademais de asociacións e empresas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte acollerá a vindeira semana unha interesante actividade que axudará a informar á poboación sobre un tema de gran interese na actualidade: a ciberseguridade.

A iniciativa, que parte do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), desenvólvese a partir dun ‘roadshow’ que terá como punto de referencia un camión que estará na Explanada da Compañía do día 11 ao 15 de novembro en xornadas de mañá e tarde. O acceso é libre, de balde e para todos os públicos, tendo un horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas de martes a venres, e de 11.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas o sábado 15 de novembro.

Ademais deste punto de encontro informativo e lúdico, organizaranse –en colaboración co Concello de Monforte– visitas cos diferentes centros educativos da cidade co obxectivo de que os estudantes poidan ampliar os seus coñecementos nesta materia, xa que a ciberseguridade e a confianza dixital son dous dos retos máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual.

Segundo refiren dende o concello, “a través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital. Por iso, o fomento da cultura da ciberseguridade converteuse nun un dos eixos centrais a desenvolver polo Goberno de España a fin de contar cunha sociedade máis coñecedora das ameazas e desafíos ós que se enfronta”.

EXPERIENCIA ROADSHOW

O roadshow que promove o INCIBE contará con dúas zonas (interior e exterior) con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas como un escape room de ciberseguiridade e xogos online.

O espazo interior, con capacidade para 30 persoas dentro do camión, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas.

Zona de Gamificación. Foto: INCIBE.

No que se refire ao espazo exterior, con aforo para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’ de INCIBE. Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...